mércores, 27 de marzo de 2019

Noticia da semana :1

                             A  noticia da semana 




Noticia: 

O maltrato a mascotas

Fontes de información:

En  La Voz de Galicia     e       La sexta noticias

Resumo: 

O Seprona detecta por término medio cinco maltratos a animais cada día nas Rías Baixas, sobre todo a animais de compañía.
Detiveron ou investigaron a 78 persoas o ano pasado e 351 das 1.800 infraccións rexistradas pola Garda Civil foron por maltrato animal.

Opinión crítica: 

A  min paréceme fatal que estas cousas aínda sigan sucedendo, sobre todo porque os animais son perfectos para facer compañía e eles tamén poden ter problemas psicolóxicos.

O que habia que facerlle aos maltratadores de animais era molelos a paus ou deixalos sen comer e beber para que souberan o que sufren os nosos queridos animais.   




xoves, 21 de marzo de 2019

Pastor alemán , un fiel compañeiro

                            O pastor alemán


Moi boas a tod@s, que tal estades ?

Hoxe imos a coñecer unha raza de can fantástica: o pastor alemán.

Xa sei que non vos interesa canto pesa e esas cousas, así que non me vou a estender moito
co tema e imos ver o porque de ser un can estupendo.



                                      Características



  1. É moi recomendado para criarse con rapaces ou mesmo axudar a crialos debido a que é un can moi afectivo coma a maioría.
  2. É importante non mimalos moito ou non permitirlles que fagan o que queren, porque, de ser así, actuarían dunha forma máis sobreprotectora e tamén un pouco máis agresiva.
  3. Nunca babean e roncan. Tampouco teñen tendencia a escavar e soenlle ladrar á xente na que desconfian debido ao seu increíble instinto protector nato.
  4. Os seus cores son: negro, branco, negro e marrón ( coma o que eu tiven ) e gris e negro.

                                          Coidados


Se queres ter un pastor alemán cun bo pelo debes cepillalo dúas veces á semana, aínda que tamén serve cunha vez por semana.

Cando aínda é un cachorro podes mezclarlle o penso con un iogurt por exemplo, porque necesitan un gran aporte de calorías debido á intensa actividade que realizan cando son cachorros.

Espero que vos gustase ✅✅✅ e que aprendérades a criar mellor a un pastor alemán !!!


A miña primeira entrada

A miña primeira entrada

Moi boas a todas e todos!!!

Esta é a primeira vez que fago un blog e como é así gustariame dicir que no resto de publicacións vouvos a falar de:

-Receitas e comida para cans


Espero que o disfrutedes tanto ou máis ca min.








 Imaxe de SCAPIN en Pixabay