mércores, 3 de abril de 2019

As miñas regueifas

                        As miñas regueifas

Copla 1


Vou para o instituto
o idioma é fermoso
e cantando a regueifa
eu sonche marabilloso.

_________________________________________________________

Copla 2


Bos días a todos e todas
hai moito que estudar
pero cando chegue a festa
por fin che imos preguizar.

_________________________________________________________

Copla 3


O pobriño do granxeiro
sempre limpando na corte
sempre está coa pá na man
vexo que che está moi forte.

_________________________________________________________

Copla 4


Onte vin algo incrible,
mais sabes ti daquel vello
esqueceu a escopeta
cas mans cazou un coello.

_________________________________________________________

Copla 5


O meu boi é un lacazán
nuca tira do arado
mais el estache ben gordo
sempre está parado.

_________________________________________________________

Copla 6


Onte morreu o meu gato
mais hoxe vinche un rato
estaba moi asustado
e mateino co zapato.

_________________________________________________________

Copla 7  

Ao rematar a guerra
os rapaces che quitaron
ti quedaches desolado
e eles se amargaron.

_________________________________________________________

 Copla 8

Cando o emprego lle quitaron
cun socio colaborou
montaron unha academia
a el moito lle axudou.

_________________________________________________________
   Imaxe de Enreguéifate 2018

martes, 2 de abril de 2019

Noticia da semana : 2

                        A noticia da semana



Noticia: 

MORRE UNHA BALEA EMBARAZADA CON PLÁSTICO NO SEU ESTÓMAGO.


Fontes de información:

En La Voz de Galicia e Antena 3


Resumo da noticia:

Atopan unha balea embarazada morta e con 22 quilogramos de plástico no seu estómago, estes ocupaban dous terzos do seu estómago.
Apareceu morta preto de Porto Cervo, na isla de Cerdeña.


Opinión crítica:

A min fastídiame moitísimo que aínda despois de tantos avisos se sigan vertendo plásticos ao mar, e aínda que nalgúns lugares non se faga( cousa que me extraña) ou no resto do mundo o menos que se podía facer en vez de quedarse de brazos cruzados era ir a recoller os plásticos do mar. Xa non digo mar adentro pero sí preto das costas para ter polo menos un mínimo de vergoña.

                               




  Imaxe de Kristendawn en Pixabay