sábado, 8 de xuño de 2019

Noticia inventada:2

                       Noticia inventada:2


      ATOPAN UNHA GRAN POBOACIÓN DE                          LINCES IBÉRICOS
RESTOS DE LINCES IBÉRICOS NA PROVINCIA DA CORUÑA

A día hoxe, sobre as sete da mañá, atopáronse indicios de que podía haber linces ibéricos no norte de Galicia.
Segundo dixo o pobo de Ortigueira, alí se atoparon algúns dos seus excrementos e pegadas.
A Xunta de Galicia tamén o afirma, pois houbo unha femia embarazada liberada en Portugal que recorreu dous mil quilómetros ata chegar ao sur da comunidade autónoma.
Posiblemente este exemplar, ou algún dos seus descendentes, puideron atravesar unha ou varias provincias ata chegar á Coruña.

Imaxe de jmucendo en Pixabay

Pitbull

                                 Pitbull


Moi boas xente.
Hoxe imos falar un pouco dos pitbull:


Os pitbull, como xa sabedes son moi agresivos. Pero é igual que os dóberman, se os criades ben serán bos, custaravos un pouco máis pero aínda así merece a pena.
Iso sí, se vos teñen que defender non dubidedes en que eles soltarán á besta que levan dentro.

Coma o resto, necesitan comer bastante pero non tanto coma outros, e tamén necesitan beber bastante.

Non hai que cepillalos pero si bañalos. Coidádeos e enchédeos de agarimos e eles o agradecerán á súa maneira.



venres, 7 de xuño de 2019

Dóbermans

                                Dóbermans


Os dóbermans teñen mala fama aquí, pero se a xente os cría ben son dóciles e non teñen ese carácter agresivo que terían en caso de que se criasen mal, por exemplo berrándolles ou pegándolles sempre. En caso de ser así, serían moi agresivos, e en ocasións, podendo atacarlle aos seus donos.

Necesitan comer bastante, pois tamén fan moito exercicio e xogan moito. Tamén necestian beber.

Non hai que cepillalos.

Imaxe de YamaBSM en Pixabay

Vlog

         As miñas afecións     

              

Un cruce especial

          Hoxe imos aprender un pouco sobre un                             fantástico cruce


O rateiro maiorquín e can de augas:

É un cruce moi bo.
Son moi parecidos aos yorkshires, pero estes son máis pequenos. Eu tiven un e era de cor marrón.
Ao ser tan pequenos non lles fai falta unha enorme cantidade de comida, pero tamén son bastante activos. Non beben moita auga.
Son moi bos para coidar rapaces, posto que non se separan deles en ningún momento e lles gusta moitísimo xogar con eles.Eles os ´´coidan´´ á súa maneira,porque o meu cando eu era pequeno ás veces viña á miña cama e durmía conmigo.

Imaxe da Wikipedia

xoves, 6 de xuño de 2019

Labradores

                                     Labradores


Hoxe imos a ver como son os labradores:


Estes queridos amigos nosos, ao igual que os pastores alemáns, son moi bos para criar rapaces.

Non son tan protectores coma os pastores alemáns, pero tamén lle son fieis ao dono, e sí que son máis xoguetóns e cariñosos ca xente, e sobre todo cos nenos.
Os hai de tres cores:

-Branco

-Chocolate

-Negro

Necesitan comer ben debido a que tamén fan unha enorme cantidade de ''exercicio'', posto que botan todo o día a xogar entre eles, iso sí, beben menos.

Tamén se recomenda cepillalos unha vez por semana, pero poden seguir tendo un bo pelo sendo so unha vez cada dúas semanas.

Estes son os meus cans:
Brako                                                        Jimbo                        




Kira

Son todas imaxes de Diego Santiago Alonso